17 Nov 2015

Cursos en Valdeorras para mellorar á atención ao cliente dirixidos a adegas con oferta de enoturismo

_Plantilla-Web-Noticias_gal

    A Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostalería de Galicia é unha entidade que depende de Turismo de Galicia e que se presentou na vila do Barco a semana pasada. O seu obxectivo é mellorar a formación do sector do enoturismo e hostalería achegándoa a puntos como a comarca de Valdeorras onde os desprazamentos a centros formativos deste tipo son máis complicados.   Atendendo ás novas esixencias do turista que visita o noso territorio o programa presentado ofrécelles aos establecementos de hostalería e adegas con enoturismo a oportunidade de mellorar a xestión dos seus negocios.

    Na programación ofrécense dous cursos de atención ao cliente, outro de comercialización de produto e un cuarto de redes sociais. As xornadas formativas gratuitas faranse no Telecentro do Centro Cultural Avenida de A Rúa os días 23 de novembro e os días 3, 10 e 14 de decembro. Serán de 4 horas cada unha delas con profesorado do Centro Superior de Hostalería de Galicia que se desprazarán ata a vila ruesa.

Como apuntarse?

    Os interesados en apuntarse nestes cursos gratuítos teñen que enviar un correo electrónico a formacióncontinua@cshg.es co seu número de teléfono e xa lle devolven a chamada para tomarlle os datos. Tamén poden apuntarse directamente na web www.cshg.es na pestana de Consultoria e Formación. No teléfono 981 54 25 19 poden ter máis información.

Marta Fernández, Directora da Escola de Hostalería (á esquerda da imágen) durante a presentación

Marta Fernández, Directora da Escola de Hostalería (á esquerda da imágen) durante a presentación

 

CURSOS PREVISTOS

Curso atención ao cliente en restaurantes e adegas enoturismo

Destinado a persoal de establecementos hostaleiros en contacto con clientes. Analizará a calidade e técnicas na atención, tipoloxías de cliente, tratamento de queixas e reclamacións etc.

Día: 23 de novembro, de 16:30 a 20 horas.

Lugar: Telecentro do Centro Cultural Avenida, en A Rúa. C/ Progreso, 90

Formulario de preinscripción

 

Marketing I: Comercialización de restaurantes e adegas enoturismo 

Curso destinado a persoal encargado da xestión e promoción do establecemento. O curso ten como obxectivo capacitar aos alumnos de maneira que poidan deseñar un programa específico de comercialización para un restaurante.

Día: 3 de decembro, de 16:30 a 20 horas.

Lugar: Telecentro do Centro Cultural Avenida, en A Rúa. C/ Progreso, 90

Formulario de preinscripción

 

Marketing II: Redes sociais aplicadas a negocios de restauración e adegas enoturismo

Curso dirixido a persoal encargado da xestión e promoción do establecemento. Fará un repaso do uso e estratexias das Redes Sociais orientadas aos negocios de restauración e as diferentes ferramentas de atención ao cliente on-line buscando a mellora da reputación on-line.

Día: 10 de decembro, de 16:30 a 20 horas.

Lugar: Telecentro do Centro Cultural Avenida, en A Rúa. C/ Progreso, 90

Formulario de preinscripción

 

Curso de atención ao cliente con discapacidade en restaurantes e adegas enoturismo

Destinado a persoal e contacto cos clientes e xerentes de establecementos hostaleiros. Estudaranse tipoloxías de discapacidades, consecuencias e pautas de atención a clientes con necesidades especiais no entorno dos negocios hostaleiros.

Día: 14 de decembro, de 16:30 a 20 horas.

Lugar: Telecentro do Centro Cultural Avenida, en A Rúa. C/ Progreso, 90

Formulario de preinscripción

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores