28 Out 2019

Conclúe oficialmente a vendima en Valdeorras con 6.798.065 quilos de uvas recollidos

A campaña da vendima 2019 conclúe oficialmente en Valdeorras cun total de 6.798.065 quilos de uva recollidos, o que supón un incremento de dous millóns de quilos con respecto ao ano pasado ou, o que é o mesmo, case un 45% máis.

 Tras case dous meses de traballo nas viñas por parte das diversas bodegas pertencentes ao Consello Regulador, constátase que “a deste ano ten sido unha das vendimas máis abundantes da década”, segundo afirma o presidente do organismo, José Luis García Pando. “Un ano máis, as nosas uvas signíficanse especialmente pola súa gran calidade”, engade.

 A cantidade de uva supera en dous millóns a cifra do ano pasado

Variedades
Por variedades, sitúase á cabeza en cantidade a uva godello (con máis de 3,5 millóns de quilos), seguida da mencía, con máis de 1,8 millóns de quilos. Da variedad alicante recollerónse 849.822 quilos e da jerez (palomino fino) un total de 505.470. Tras estas variedades aparecen a sousón (40.377 quilos), a tempranillo (27.414), a albarello (9.819 quilos), a merenzao (9.333 quilos), a mouratón (2.985 quilos), a dona branca (2.528 quilos), a caiño (934 quilos), a torrontés (647 quilos) e a albariño (307 quilos).

 

[arriba]

Novas Anteriores