12 Set 2016

COMEZA A VENDIMA EN VALDEORRAS

A tempada de vendima 2016 comeza hoxe na comarca co inicio das tarefas de recollida da uva en Godeval. Nesta emblemática bodega da zona, que recentemente celebrou os seus 30 anos de actividade, e na de María Teresa Núñez, situada en Petín, comezarán xa a vendima.

A emblemática bodega Godeval, que recentemente cumpriu 30 anos de actividade, e María Teresa Núñez, bodega situada en Petín, serán as primeiras en iniciar as tarefas de recollida da uva na comarca, neste ano 2016

Os fenómenos meteorolóxicos adversos e a incidencia do mildiu nas cepas mermarán, previsiblemente, a cantidade de quilos de uva que se recollan na comarca, en relación ao ano pasado. Para axudar a paliar estes danos, o presidente do Consello Regulador da D.O. reclamou recentemente á Xunta a apertura dunha liña de axudas similar á aprobada para a Ribeira Sacra.

Malia a redución prevista na produción, con respecto á extraordinaria campaña da vendima de 2015, a calidade da uva na comarca seguirá sendo, un año máis, “excelente”, segundo destaca Francisco García, presidente da D.O. Valdeorras.

godello

[arriba]

Novas Anteriores