09 Xul 2015

Comeza a cata para elixir os mellores viños da Feira do Viño de Valdeorras

SONY DSC

Esta tarde empezou a  cata dos 34 viños que participan na XVI Cata dos Viños da Feira do Viño de Valdeorras 2015.  Os  10 catadores reuníronse  na sede do Consello Regulador en Vilamartin para elixir os 12 viños finalistas (6 brancos e 6 tintos)  entre 15 brancos e 19 tintos. Mañá venres, nunha segunda cata, será o momento de elixir os tres mellores brancos e outros tres tintos, ademais da mención especial outras anadas. Os seus nomes coñeceranse o domingo ao mediodía na entrega de premios que se realizará no recinto feiral na Praza de Viloira (O Barco).

Cata popular o domingo

O domingo despois de coñecer aos gañadores da Cata dos Viños da Feira será o momento de aprender a catar viños valdeorreses cos consellos da sumiller galega, Mercedes González, na cata popular que impartirá no recinto da feira a partir das 13:30 horas. Todos os visitantes interesados terán que achegarse á zona de cata que se habilitará na Praza de Viloira. Haberá 50 prazas dispoñibles  e a aprendizaxe farase cos viños gañadores da cata da feira.

SONY DSC

Sala de cata da D.O. Valdeorras

 

SONY DSC

Montaxe do recinto feiral

Para poder levar a cabo esa cata popular e todas as actividades previstas estase montando o recinto feiral dende onte mércores, 8 de xullo. Mañá venres estará todo listo para abrir a feira o sábado ao mediodía co pregón de Julián Villamarín Rodríguez, responsable da área de clientes internacionais da empresa Autoneum Spain Northwest SLU e que ten unha das súas factorías na localidade de A Rúa.

[arriba]

Novas Anteriores