29 Ago 2019

Comenza a vendima en Valdeorras cunha previsión de superar os seis millóns de quilos de uva recollida

A tempada de vendima  2019 comeza hoxe na comarca co inicio das tarefas de recollida da uva nas adegas Santa Marta S.A.T. e María Teresa Núñez Vega, ambas as dúas integradas no Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Hoxe xoves inician a vendima as adegas Santa Marta e María Teresa Núñez Vega; mañá, e o luns, Godeval e Virgen del Galir

“Malia os fenómenos meteorolóxicos adversos que afectaron á parte da colleita hai algunhas semanas, agardamos unha campaña moi boa”, asegura o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quen afirma que a produción podería superar “os seis millóns de quilos recollidos, moi por riba dos 4,7 millóns do ano pasado”.

 

Paulatinamente, e ao longo das vindeiras semanas, iranse incorporando ás tarefas de vendima outras adegas do territorio amparado. O luns chega a quenda de Godeval e Virgen del Galir. Dende o Consello Regulador calcúlase que a campaña durará, aproximadamente, unhas seis semanas.

[arriba]

Novas Anteriores