07 Mai 2022

Chuvia de recoñecementos para os viños de Valdeorras ao longo da semana

Os viños de Valdeorras seguen a gañar premios e recoñecementos en diferentes foros e convocatorias de renome, o que segundo asegura José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador, “é un indicador clave de que o sector vitivinícola valdeorrés está a facer un bo traballo”. Así, diferentes referencias e adegas amparadas baixo o selo de calidade da D.O. foron distinguidas esta semana nos Premios Bacchus; nos premios de Vinespaña e no Challenge International du Vin.

Así, nos prestixiosos Premios Bacchus, foron recoñecidas catro referencias de cadansúa adega da comarca na categoría “ouro”: A Coroa de Adega A Coroa S.A.T; Joaquín Rebolledo Finca Trasdairelas de Joaquín Rebolledo S.A.; O Luar do Sil Vides de Córgomo de Pago de los Capellanes S.A. e Fardelas de Santa Marta S.A.T.

Por outra banda, nesta mesma convocatoria de premios e na categoría de “prata” reultaron premiadas cinco referencias valdeorresas. En concreto, foron Agoreira de Adegas Terrae S.L.; Guitián sobre Lías de Bodegas La Tapada S.A.T.; O Luar do Sil Godello sobre Lías de Pago de los Capellanes S.A.; Codos de Loranco de Viña Costeira SCG e Neno de Viña Somoza Bodegas e Viñedos S.L.

 Diferentes referencias e adegas do territorio amparado foron distinguidas nos Premios Bacchus; en Vinespaña e no Challenge International du Vin

Premios Vinespaña 2022
Tamén nesta semana, nos Premios Vinespaña 2022 outorgados pola Federación Española de Enoloxía (FEAE) distinguíronse con “ouro” Hacienda Ucediños Godello de Hacienda Ucediños S.L.; Joaquín Rebolledo Godello de Joaquín Rebolledo S.A., Viñaredo Godello de Bodegas Santa Marta e Godeval de Bodegas Godeval. Na categoría de “prata” foron recoñecidas as referencias Quinta da Peza Godello de Quinta da Peza S.L. e Viñaredo Sousón de Bodegas Santa Marta.

 Finalmente, a semana triunfal dos viños valdeorreses completouse cun recoñecemento no Challenge International du Vin celebrado en Burdeos (Francia), que distinguiu cunha “Medalla de Ouro” ao Mil Ríos Godello Barrica 2017 de Adega Terriña.

[arriba]

Novas Anteriores