/* */ Catro pratas, cinco bronces e catro destacados para os viños valdeorreses nos premios Decanter
23 Set 2020

Catro pratas, cinco bronces e catro destacados para os viños valdeorreses nos premios Decanter

Os Decanter 2020 World Wine Awards, cuxo concurso se celebrou ao longo do mes de agosto en Londres e no que participaron 16.500 viños de todo o mundo, distinguiu un total de 13 referencias valdeorresas. “Isto proba que a calidade dos nosos brancos e tintos non ten nada que envexar á de viños doutras rexións europeas e mundiais”, destacou o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras ao respecto.

En concreto, Decanter distinguiu con medalla de prata catro referencias da comarca: Maruxa Godello de Virgen del Galir; Viñaredo Godello de Santa Marta; Viñaredo Sousón Barrica de Santa Marta e 200 Cestos de A Coroa.

Xunto a isto, con medalla de bronce foron distinguidos Maruxa Mencía de Virgen del GAlir; Pagos del Galir Godello de Virgen del Galir; Pagos del Galir Mencía de Virgen del Galir; Fardelas Godello de Santa Marta e Godello de A Coroa.

Finalmente, houbo catro viños que obtiveron a distinción de destacados: Godello de Joaquín Rebolledo; Finca Trasladeiras de Joaquín Rebolledo; Sobre Lías Godello de Valdesil e Valderroa Carballo de Valdesil.

O concurso mundial Decanter, un dos máis prestixiosos do mundo do viño, celebrouse ao longo do mes de agosto en Londres

[arriba]

Novas Anteriores