20 Mai 2017

Bases do concurso de carteis para a XX Feira do Viño de Valdeorras

Introdución
A Feira do Viño de Valdeorras acada, neste ano 2017, a súa vixésima edición. Para promocionar o foro cómpre contar cun cartaz ilustrativo orixinal, motivo polo cal o Consello Regulador decide convocar un concurso aberto a todos os interesados en participar. O cartaz debe por en valor dun xeito gráfico o “saber facer único” do sector vitivinícola desta comarca ourensá, que leva séculos elaborando tintos e brancos dunha altísima calidade.

Participación
A participación está aberta a todos os interesados, proveñan ou non do ámbito artístico. A única condición indispensable é a de que o material presentado sexa inédito. Cada participante poderá presentar un máximo de tres propostas distintas.

Formato
O tamaño do orixinal será de 43 x 63 centímetros en posición vertical

Presentación e entrega
Os carteis han presentarse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png e en alta resolución (mínimo 300ppp). A proposta enviarase por email á seguinte dirección de correo electrónico: secretaria@dovaldeorras.com ou por correo postal ao seguinte enderezo:

Secretaría do C.R.D.O Valdeorras

Crta. Nacional 120 Quilómetro 463

32.340-Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Indicarase nome e apelidos, enderezo e número de teléfono do autor. A data límite de recepción finaliza ás 15.00 horas do día 09 de xuño de 2017.

Texto
A proposta gráfica deberá conter o seguinte texto:

XX Feira do Viño de Valdeorras

15 e 16 de xullo de 2017

Técnica
Nas propostas poderá empregarse calquera técnica artística: pictórica, informática, fotográfica, etc Os carteis deseñados en ordenador deberán ter unha resolución de 300 ppp, a un tamaño real de 43 x 63 cm. No caso de resultar gañadores, os autores que optaron por realizar a súa obra mediante sistemas informáticos, deberán aportar o correspondente soporte dixital en formato vectorial para incluír os logotipos das entidades organizadoras.

Xurado e premios
Concederase un único premio de 600 euros. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do deseño, a comunicación e a arte, así como polo Presidente do Consello Regulador o a persoa na que éste delegue. O fallo do concurso farase público na semana do 12 ao 16 de xuño de 2017 e o veredicto do xurado será inapelable.

A presentación do cartaz gañador e a entrega do premio terán lugar despois do 20 xuño de 2017. A obra premiada quedará en propiedade do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Reprodución
A organización da XX Feira do Viño de Valdeorras poderá efectuar cantas reproducións precisen do cartel que obteña o premio e difundilo polos medios de publicidade que estime convenientes. Durante o proceso de pre‐impresión incluiranse no cartel premiado os logotipos oficiais das entidades organizadoras e para iso contarase co asesoramento do propio autor. A organización da Feira do Viño de Valdeorras resérvase a posibilidade de realizar calquera modificación no cartel anunciador gañador, sempre que iso non supoña unha alteración substancial do mesmo e conte co permiso do autor para as ditas modificacións.

Aceptación
A participación neste concurso comporta a aceptación destas bases nas que se inclúe a entrega dunha factura polo importe do premio ao Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

[arriba]

Novas Anteriores