/* */ Bacchus de Ouro para dúas adegas valdeorresas e fin de semana de Baco Festa en A Rúa
14 Ago 2015

Bacchus de Ouro para dúas adegas valdeorresas e fin de semana de Baco Festa en A Rúa

Bachus 2015

   O XIII Concurso Internacional de Viños organizado pola Unión Española de Catadores entregou este ano dous Bacchus de Oro a dous viños da DO Valdeorras: Lagar do Cigur Barrica 2011 de Adega Melillas e Fillos S.L. e Guitian sobre lías 2013 de Bodegas La Tapada, S.A.T..

   A organización dos premios Bacchus explica que é o único concurso internacional de viños en España que pertence na actualidade a VINOFED, a federación que integra aos máis reputados concursos a nivel mundial. A isto únese o feito de estar recoñecido pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) de España. Tres organismos que confirman aos premios Bacchus como un dos referentes mundiais coa participación de 1500 marcas. Masters of Wine, prescriptores, periodistas, Masters of Sommelier, enólogos forman parte do grupo de xuíces profesionais, nacionais e internacionais, que avalan as medallas Bacchus.

II Baco Festa A Rúa

SONY DSC

   Un destes viños premiados, o Lagar do Cigur Barrica 2011 de Adega Melillas e Fillos S.L. poderá degustarse este fin de semana na segunda edición da Baco Festa de A Rúa. Unha feira romano-gastronómica, organizada polo Concello de A Rúa, que quere poñer en valor os viños da zona e a súa gastronomía, homenaxeando tamén as orixes romanas do pobo. A actividade comeza esta tarde e prolongarase durante toda a fin de semana na Área Recreativa de O Aguillón en A Rúa.

Este ano participan doce adegas da DO Valdeorras:

Adega A COROA

Adega ALÁN

Adega DA PINGUELA

Adega MELILLAS E FILLOS

Adega QUINTA DA PEZA

Bodega COOPERATIVA VIRXEN DAS VIÑAS

Bodega JOAQUÍN REBOLLEDO

Bodega JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Bodega ROANDI

Bodega SAN PAYOLO

Bodega GUITIÁN Y BLANCO

Bodega SANTA MARTA

[arriba]

Novas Anteriores