18 Dec 2019

As adegas de Valdeorras reciben a acreditación das medallas conseguidas nas Catas HGg&T 2018

As adegas da D.O.Valdeorras recibiron as medallas individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T celebradas durante o ano 2018, cun acto que tivo lugar este mércores 18 de novembro ás 13:00 nas instalacións do C.R.D.O. Valdeorras, no que estivo presente o seu presidente, José Luis García Pando, xunto a representantes da Asociación Galega de Sumilleres (AGASU), da Asociación Galega de Enólogos e xunto a membros “oficiais” dos paneis de cata da revista.

En concreto, 3 ouros, 7 pratas e 6 bronces para as 9 adegas que foron convocadas a esta entrega de diplomas, que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro, prata ou bronce nas catas do pasado ano, demostrando nunha aposta continua pola calidade: Terriña, Roandi,Quinta da Peza,Rafael Palacios, Santa Marta,Joaquín Rebolledo, Virxen de Galir, Godeval e Guitián y Blanco.

A cerimonia foi a segunda parte, desenvolvemento, da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de outubro, na que foran proclamadas esas distincións. Naquela ocasión, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados.

 

[arriba]

Novas Anteriores