16 Xul 2018

A XXI Feira do Viño de Valdeorras conclúe cun balance de máis de 8.000 degustacións

Desde o Consello Regulador estímase que na XXI Feira do Viño Valdeorras, que se celebrou a pasada fin de semana na praza barquense de Viloira, se serviron por riba de 8.000 copas de viño, unha cantidade que supera en 1.000 unidades as degustacións rexistradas o ano pasado. Doutra banda, a recadación foi un 25% superior á de 2017.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quere por en valor o papel das 20 adegas que tomaron parte activa na feira, grazas as cales –considera- “se ten acadado este éxito de participación, que é aínda máis significativo se temos en conta o mal tempo que fixo onte domingo”.

[arriba]

Novas Anteriores