14 Xuñ 2018

A XXI Feira do Viño de Valdeorras celebrarase os vindeiros 14 e 15 de xullo

O Pleno do Consello Regulador aprobou hoxe celebrar a XXI edición da Feira do Viño de Valdeorras na fin de semana do 14 e 15 de xullo. Como é habitual, o foro contará con diferentes actividades paralelas “que convertirán á comarca de Valdeorras no epicentro festivo e de lecer da provincia de Ourense durante dous días”, tal e como salientou o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quen ademais se referiu ao “excepcional escaparate” que supón o foro para os viños da comarca.

Actuacións musicais, exaltación da gastronomía autóctona e actividades lúdicas para públicos de todas as idades completarán o programa da feira, que será presentando nas vindeiras semanas. O horario de apertura do recinto feiral, nas dúas xornadas, vai ser de 12,30 a 14,30 e de 19,00 a 23,00 horas

Como é habitual, a feira contará con diferentes actividades paralelas entre as que salientan concertos, gastronomía e accións lúdicas para diferentes públicos

Con anterioridade á Feira, celebrarase nas instalacións do Consello Regulador a XIX Cata Oficial dos Viños de Valdeorras. As bases da iniciativa, aberta á participación de todas as adegas participantes na XXI Feira do Viño, foron aprobadas tamén hoxe polo Pleno do organismo.

Con anterioridade á Feira, celebrarase a XIX Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, cuxas bases se aprobaron hoxe

[arriba]

Novas Anteriores