A XVIII Feira do Viño de Valdeorras alcanza a súa maioría de idade co apoio de público e institucións na súa inauguración
A XVIII XVIII Feira do Viño de Valdeorras inaugurouse esta mañá na Praza de Viloira do Barco coa presenza de numeroso público e arroupada pola presenza da Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, acompañada polo delegado da Xunta, Rogelio Martínez. Tamén estiveron presentes o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o director da Estación Enolóxica de Galicia (EVEGA), Juan Casares, así como varios alcaldes da bisbarra valdeorresa. O presidente do Conselo Regulador Valdeorras, José Vicente Solarat e o alcalde do Barco, Alfredo García actuaron como anfitrions de todos eles para ensinarlles o recinto feiral e visitar as 16 adegas que participan nesta edición.
O pregoeiro, Julián Villamarín
O pregón foi o momento dos discursos e de recoñecer as excelencias dos viños Valdeorreses. O primeiro en facelo foi o propio pregoeiro, Julián Villamarín, directivo da empresa Autoneum Spain Northwest, SAU cunha das súas factorías en A Rúa e persoa moi vinculada á bisbarra. Coñecedor dos viños da denominación recordou que a “calidade obriga” e que os viños están marcados polo clima e as características especiais da terra. Destacou no seu discurso a “explosión e boca tremenda das garnachas” e o mencía describiuno como “a máis entrañable e familiar, é un viño “riquiño”, o escudeiro perfecto que acompaña ben a gastronomía da bisbarra”. Tamén tivo palabras de eloxio para o godello “elegante, universal, tanto que deixou de ser só noso e pasau a ser de todos”.
A Conselleira, Rosa Quintana “a feira alcanza a súa maioría de idade”. O alcalde do Barco, Alfredo García, foi o encargado de dar paso á conselleira agradecéndolle a súa presenza na feira e destacou que “é importante que a conselleira este hoxe aquí connosco porque o viño é unha fonte de riqueza e vostede é a máxima autoridade na materia”. Pola súa banda a conselleira, Rosa Quintana, explicou que non é casualidade que os viños valdeorreses sexan dos mellores produtos galegos, é froito “do traballo de 1500 viticultores e das 45 adegas”. Rosa Quintana fixo referencia ao pasado romano da bisbarra e ao vial de comunicación que construíron a Via Nova ou Via XVIII, recordando que o seu nome coincide co número da edición desta feira, da que dixo “alcanza a maioría de idade”. Quintana expresou o seu “orgullo polos que traballan as terras e viñas e os felicito e admiro”. Tamén tivo palabras de felicitación para os tres viños de godello que gañou hai unha semana os tres Acios da denominación de orixe na Cata de Viños de Galicia e que está presente na feira. Ademais de indicar que Valdeorras ten este ano “o mellor vino tinto de Galicia”, premio concedido nesa mesma cata de expertos.
O presidente da D.O. Valdeorras, José Vicente Solarat
Animou a presentación da XVIII Feira do Viño de Valdeorras a Charanga N.B.A. (Non Bebemos Auga)
José Vicente Solarat, Rosa Quintana, Alfredo García e José Manuel Rodríguez
Soledad Figueroa Rodríguez