/* */ A vendima en Valdeorras comezará mañá e agárdase que a colleita sexa óptima tanto en calidade coma en cantidade
27 Ago 2021

A vendima en Valdeorras comezará mañá e agárdase que a colleita sexa óptima tanto en calidade coma en cantidade

Valdesil será a primeira das adegas da Denominación de Orixe en iniciar os traballos de vendima

Os traballos de recollida da uva iniciaranse en Valdeorras mañá, en concreto na adega Valdesil, e agárdase, tal e como sinalou o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, que a colleita sexa “óptima, tanto en cantidade coma en calidade”. O organismo agarda poder superar os 5,5 millóns de quilos de uva recollidos na pasada campaña nunha vendima que se estenderá, posiblemente, ao longo dos vindeiros dous meses.

Precisamente, o Pleno do Consello Regulador reunido hoxe en Vilamartín de Valdeorras acordou, coma en anos anteriores, a contratación de vedores para a vendima 2021 a través dunha empresa de traballo temporal. Xunto a iso, aprobou as normas para a vindeira campaña tanto para estes vedores, como para adegas e explotadores.

Xunto a isto, en tempo de vendima, en concreto entre o 15 de setembro e o 17 de outubro, suspenderanse as catas que, con regularidade, se realizan nas instalacións do Consello Regulador en Vilamartín de Valdeorras.

O Pleno do Consello Regulador, reunido hoxe, aprobou as normas da vendima 2021 para vedores, adegas e explotadores

 

 

[arriba]

Novas Anteriores