21 Feb 2023

A segunda vogalía do Subcenso A1 das listaxes que concorreron ás eleccións do Consello Regulador será para o Sindicato Labrego Galego

Unha vez celebradas, na xornada do pasado domingo, as eleccións para renovar o Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras os resultados reflectiron un empate no subcenso A1, integrado por aqueles viticultores que achegaron ao Consello Regulador un maior volume económico en concepto de cotas de actividade durante os últimos tres anos naturais.

Neste subcenso, a listaxe presentada pola candidatura “Viticultores Independentes de Valdeorras” foi a máis votada con 43 papeltas, co cal lle corresponde un vogal. Pero para acceder á segunda vogalía rexistrouse un empate no número de votos acadados por dúas candidaturas: a de ASAGA e a do Sindicato Labrego Galego. Ambas as dúas tiveron 18 votos.

Tal e como establece o regulamento no caso de empate, efectuouse un sorteo hoxe en Santiago para dirimir a quen lle corresponderá esta segunda vogalía, que finalmente será ocupada por Antonio García Fernández, do Sindicato Labrego Galego.

Tal e como marca o regulamento para os casos de empate, celebrouse un sorteo para dirimir a quen lle correspondería entrar como segundo vogal deste subcenso

 

[arriba]

Novas Anteriores