/* */ A sede do Consello Regulador acolle o acto de entrega dos premios da Cata dos Viños de Galicia correspondentes á D.O. Valdeorras
13 Nov 2020

A sede do Consello Regulador acolle o acto de entrega dos premios da Cata dos Viños de Galicia correspondentes á D.O. Valdeorras

Jessica Domínguez, enóloga da adega Pago de los Capellanes, recolle o Acio de Ouro ao mellor viño branco da D.O. Valdeorras que lle entregou o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando

A sede do Consello Regulador acolleu esta mañá o acto de entrega dos Premios da Cata dos Viños de Galicia 2020 correspodentes ao territorio amparado valdeorrés. Deste xeito, o Premio ao Mellor Branco (Acio de Ouro Branco) foi para O Luar do Sil de Pago de los Capellanes S.A. Xunto a isto, o Premio ao Mellor Tinto (Acio de Ouro Tinto) receu en Alán de Val Mencía da Adega Alán de Val S.A.T.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quixo agradecer a “perfecta organización do acto” que tivo en conta “todas as esixencias sanitarias necesarias na actualidade por mor da pandemia”. García Pando sinalou que non foi un ano doado para viticultores e adegueiros, ao igual que para representantes doutros moitos sectores, e por iso “estes premios teñen nesta ocasión un valor moi especial, posto que poñen en valor o meritorio esforzo que se ten realizado para sacar adiante a colleita”.

Joaquín Sánchez (esquerda), xerente da Adega Alan, recolle o Acio de Ouro ao mellor viño tinto da D.O. Valdeorras

[arriba]

Novas Anteriores