15 Xul 2018

A praza barquense de Viloira acolle a entrega de premios da XIX Cata Oficial de Valdeorras

Na tarde de hoxe entregáronse, na praza barquense de Viloira, os premios aos mellores viños da XIX Cata Oficial de Valdeorras, iniciativa enmarcada na celebración da XXI Feira do Viño da comarca, na que participaron 18 bodegas cun total de 43 referencias distintas (23 marcas de tinto e 20 de branco). Os viños e as bodegas distinguidas polo xurado foron:

Viños brancos

1º Premio- “Viñaredo” de Adega Santa Marta

2º Premio- “D´Berna” de Adega Guitián e Blanco

3º Premio- “Pagos de Galir” de Adega Virxe de Galir

Viños tintos

1º Premio- “Sampayolo Garnacha” de Adega Sampayolo

2º Premio- “A Corvela” de Adega O Cepado

3º Premio- “Joaquín Rebolledo” de Adega Joaquín Rebolledo

No certame participaron 18 bodegas cun total de 43 referencias distintas (23 tintas e 20 brancas)

As mencións especiais “viños doutras añadas” foron para “Lagar de Cigur Barrica 2013” de Adega Melillas e Fillos e “Fardelas 2015” de Adega Santa Marta.

 

[arriba]

Novas Anteriores