19 Dec 2017

A “Guía de viños, destilados e bodegas de Galicia 2018” distingue un total de 112 referencias de 33 bodegas de Valdeorras

A sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras acolleu esta mañá a presentación da Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2018, de Luís Paadín, que distingue un total de 112 referencias procedentes de 33 bodegas valdeorresas. Na presentación da última edición da guía, na que participou o presidente da D.O. Valdeorras, o seu autor asegurou que se trata “da edición máis completa ata hoxe, con 850 referencias descritas e premiadas, das máis de 1.500 referenciadas”. No caso de Valdeorras, sinalou Paadin, “os brancos das viñas situadas a maior altitude e os tintos de cepas máis antigas son os que lograron maior puntuación”.

A última edición desta guía, asinada polo prestixioso enólogo e sommelier Luis Paadín, foi presentada esta mañá na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras

A Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2018 recolle referencias de 540 bodegas e destilerías da totalidade de denominacións de orixe do territorio galego. Con 384 páxinas a toda cor, como principal novidade–segundo asegurou esta mañá Luís Paadín- destaca a inclusión de “xenuínos mapas de todas as D.O. de Galicia nos que se descobren as condicións específicas de cada terruño”.

Deste xeito, a través de infografías infórmase ao lector de como distribuíron as chovias durante o ano pasado, da altitude de cada punto da D.O., das temperaturas máximas e mínimas e, incluso, da principal composición mineral de cada chan. “Un estudo pormenorizado que procura resaltar a identidade e peculiaridade que cada terruño lle confire ao viño”, destacou Paadín.

Pola súa banda, José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador de la D.O. Valdeorras, asegurou que grazas ao trabajo realizado nos últimos años, a Guía conseguiu posicionarse no máis alto da literatura gastronómica ao obter o Premio Especial do Xurado 2017 coma un dos 10 mellores libros de bebidas do mundo, no prestixioso concurso GourmandAwards, de entre máis de 10.000 libros de 211 países diferentes”.

Na súa edición máis completa ata hoxe, a Guía presenta máis de 850 referencias descritas e premiadas e inclúe, como novidade, mapas de todas as D.O galegass nos que se descobren as condicións específicas de cada territorio

Seis edicións consecutivas
Tras seis edicións consecutivas, esta Guía segue consolidando a súa presenza e valor no mercado grazas ao apoio de máis de 200 mecenas (restauradores, sommelieres, distribuídores, particulares, etc) que cada ano adquiren os seus exemplares mediante un sistema de reserva en primicia  e aos máis de 40 catadores (sommelieres, enólogos, xornalistas e técnicos) que axudan a confeccionala a través das catas a cegas.

Cadro de referencias distinguidas da D.O. Valdeorras 

GRAN OURO   OURO   PRATA
200 Cestos de A Coroa 2016   A Coroa 2016   Alán de Val 2016
As Caborcas 2013   A Coroa Lías 2016   Alento 2015
As Sortes 2015   A Portela 2015   As Lindes 2015
Avancia 2016   A Portela 2015   Bioca 2015
Escada 2015   Alán de Val 2016   Can do Sil 2016
Escada Lembranzas 2015   Alán de Val Castes Nobres 2014   Can do Sil 2016
Fardelas de Viñaredo 2015   As Lindes 2016   Casal Novo 2016
Finca A Mata 2015   Avancia 2014   Dona Delfi na 2016
Finca Trasdairelas 2015   Avancia Cuveé de O 2015   Erebo 2016
Godeval Revival 2014   Avancia Cuveé de O 2016   Flavia 2014
Guitián +50 Meses 2011   Bancales Moral 2014   Hacienda Ucediños Barrica 2014
Lagar do Cigur Barrica 2013   Bioca 2016   Ladeira do Sil 2016
Maldito 2016   Brinde Reserva Brut 2014   Lagar do Cigur 2016
Memoria de Ventura Garnacha Tintorera 2014   Casal Novo 2016   Memoria de Ventura 2015
Traste 2015   Castelo do Papa 2016   Menciño 2015
Vella da Chaira do Ramiriño 2015   Cepado 2016   Neno 2015
  Cepado Black Edition 2016   Pagos de Galir 2015
  D’Berna 2016   Pedrazáis Barrica 2015
  D’Berna 2016   Pedrazáis Sobre Lías 2016
  D’Berna Barrica 2015   Quinta da Peza Mencía 2016
  D’Berna Lías 2014   Ruchel 2015
  Domus 2012   Sampayolo 2016
  Erebo 2016   Sampayolo Barrica 2015
  Fernando González 2015   Teixadal de Casaio 2016
  G del Galir 2014   Valderroa 2015
  Godeval 2016   Verdes Castros Godello 2015
  Godeval Cepas Vellas 2016   Verdes Castros Mencía 2015
  Guitián 2016   Vía Nova 2015
  Guitián Acacia 2012   Vía Nova 2016
  Guitián Fermentado en Barrica 2014   Viñaredo 2016
  Guitián Sobre Lías 2016   Viñaredo Barrica 2015
  Guitián Vendimia Tardía 2011   Viñaredo Barrica Selección 2015
  Hacienda Ucediños 2016  
  Hacienda Ucediños 2016  
  Joaquín Rebolledo 2015  
  Joaquín Rebolledo 2016  
  Joaquín Rebolledo Barrica 2015  
  José Aristegui 2016  
  José Aristegui 2016  
  Lagar do Cigur 2016  
  Lagar do Cigur Garnacha Tintureira 2013  
  Louro 2016  
  Mil Ríos Godello 2015  
  Mil Ríos Mencía 2014  
  Montenovo 2016  
  O Luar do Sil Sobre Lías 2015  
  Pagos del Galir 2016  
  Pagos del Galir Selección Rosa Rivero 2014  
  Quinta da Peza Godello 2016  
  Quinta da Peza Oro Mencía Barrica 2015  
  Sampayolo 2016  
  Sampayolo Barrica 2015  
  Trebón 2015  
  Valderroa Carballo 2014  
  Valdesil Lías 2015  
  Viña Abad Summum 2016  
  Viña Corzo 2015  
  Viña Corzo 2016  
  Viña Costeira Mencía 2016  
  Viña de Fornos 2016  
  Viña de Fornos 2016  
  Viñaredo 2016  
  Viñaredo Barrica Castes Nobres 2014  
  Viñaredo Tostado 2013  

 

[arriba]

Novas Anteriores