/* */ A Guía de Viños Destilados e Augardentes de Galicia 2022 distingue 160 referencias valdeorresas
11 Feb 2022

A Guía de Viños Destilados e Augardentes de Galicia 2022 distingue 160 referencias valdeorresas

A Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2022 foi presentada esta mañá na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras por Luis Paadín e Alejandro Paadín, autores da obra. No acto, que contou coa presenza do presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, púxose en valor que este ano a Guía distingue con “Gran Ouro”, o máximo recoñecemento da publicación, un total de 25 referencias valdeorresas. Co selo de “Ouro+” cualifícanse 23 viños, co de “Ouro”, un total de 75 e co de “Prata”, 37. En total son 160 as referencias de Valdeorras distinguidas na guía.

 Distincións Gran Ouro
As referencias (e adegas) distinguidas coa Medalla Gran Ouro na presente edición da Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia son as seguintes:

 

BRANCOS

– A Coroa Lías 2019

– 200 Cestos de A Coroa 2019

– As Sortes do Bibei 2018

– Avancia 2019

– Avancia Nobleza 2020

– Cepado Black Edition 2020

Fardelas de Viñaredo 2019

– Finca Trasdairelas 2019

– Godeval 1986 2017

– Guitián +50 Meses 2014

– O Luar do Sil Sobre Lías 2017

– O Luar do Sil Vides de Córgomo 2019

– Sorte O Soro 2019

 

TINTOS

– A Coroa Ladeira Vella 2017

– As Caborcas 2018

– Avancia 2019

– A Villeira As Ermitas 2018

– D’Berna “Ele” 2017

– Escada 2018

-Escada Lembranzas 2017

– Lagar do Cigur Mary Ginzo 2015

– Memoria de Ventura Garnacha Tintureira 2018

– O Diviso 2018

– Traste 2017

– Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño 2018

 

 

 

[arriba]

Novas Anteriores