16 Dec 2019

A Guía de Viños de Luis Paadín outorga a medalla “Gran Ouro” a 20 referencias valdeorresas

Un ano máis, o recoñecido enólogo Luis Paadín presentou en Valdeorras a súa Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia. Un traballo que, nesta edición de 2020, distingue co selo “Gran Ouro” a 20 referencias de viño da comarca. Xunto a isto, 68 viños valdeorreses son distinguidos coa medalla de ouro e 43 doa de prata. Finalmente, nove adegas de Valdeorras son merecentes do Premio Ampelos. Trátase dun trofeo instaurado polos editores da Guía hai dous anos para recoñecer aquelas adegas que teñen obtido un mínimo 5 medallas gran ouro e constitúen un “recoñecemento ao esforzo, á constancia e a excelencia”.

A Guía de 2020 de Paadín ten editado 18.000 exemplares e consta de 432 páxinas a todo cor. Contén 1.134 fichas de cata e unha seire de mapas climáticos e pluviométricos dos tres últimos anos de cada territorio amparado galego. Para a avaliación dos viños, nesta edición participaron 39 catadores expertos de Galicia e outros convidados de zonas coma o Bierzo, Zamora, Málaga, Toro, Ribeira do Douro ou, mesmo, Londres, distribuídos en 25 paneis de cata.

A nova edición desta publicación especializada foi presentada esta mañá na sede do Consello Regulador

Distincións en Valdeorras
Na edición de 2020, presentada hoxe, unha serie de adegas valdeorresas reciben o premio Ampelos: A Coroa, A Tapada, Alán de Val,  A Pinguela, Godeval, José Luis Aristegui, Rafael Palacios, Sampayolo e Santa Marta.

Xunto a isto, éstas son as referencias (e adegas) distinguidas coa Medalla Gran Ouro na presente edición da Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia: 

200 Cestos da Coroa 2017 (branco)

A Coroa Lías 2017(branco)

As Sortes Val do Bibei 2018 (branco)

Avancia 2017 (branco)

Escada 2017 (tinto)

Escada Lembranzas 2015 (tinto)

Fardelas de Viñaredo 2016 (branco)

Godeval 1986 2017 (branco)

Godeval Cepas Vellas 2018 (branco)

Guitián +50 Meses 2014 (branco)

Guitián Fermentado en Barrica 2017 (branco)

Lagar do Cigur G. T. 2013 (tinto)

Memoria de Ventura G. T. 2015 (tinto)

O Luar do Sil F. B. 2016 (branco)

O Luar do Sil Sobre Lías 2017 (branco)

O Tesouro 2016 (tinto)

Sorte O Soro 2016 (branco)

Traste 2016 (tinto)

Vella da Chaira do Ramiriño 2016 (tinto)

Vía XVIII 2017(tinto)

 

[arriba]

Novas Anteriores