/* */ A Deputación de Ourense colaborará coas obras de mellora da sede do CRDO Valdeorras
16 Abr 2021

A Deputación de Ourense colaborará coas obras de mellora da sede do CRDO Valdeorras

De esquerda a dereita: José Luis García Pando, José Manuel Baltar, José Guitián (xerente de Adega Santa Marta), e José Ramón Rodríguez (xerente de Adega Joaquín Rebolledo)

A Deputación Provincial de Ourense colaborará coas obras de acondicionamento da sede actual do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Así se acordou na xuntanza que mantiveron hoxe no Pazo Provincial o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, e o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, acompañado polos xerentes das adegas “Santa Marta” e “Joaquín Rebolledo”, José Guitián e José Ramón Rodríguez.

O presidente da Deputación destacou “a excelencia dos viños de Valdeorras e a súa gran proxección nacional e internacional, unha cooperación que a institución provincial continuará mantendo polo que significa de estratéxico para Valdeorras e para a provincia de Ourense o sector vitivinícola”, expresou Baltar. A achega da Deputación de Ourense para o acondicionamento das instalacións do consello regulador ascende a 80.000 euros, e non se descarta por parte da Deputación a colaboración futura para que a sede deste organismo vitivinícola se sitúe noutro inmoble.

 

[arriba]

Novas Anteriores