06 Out 2022

A Denominación de Orixe Valdeorras súmase ao Movemento Viño D.O. 2022, que este ano pon o foco na sostibilidade

O Consello Regulador de Valdeorras súmase ao Día Movemento Viño D.O., que terá lugar o vindeiro 22 de outubro. Trátase dunha acción que naceu en 2017 e que este ano, na súa sexta edición e baixo o lema “Denominacións de orixe, territorios sustentables”, volve ao seu formato presencial. E faino ao grande, reunindo o maior número de denominacións de orixe vitivinícolas que participaron neste evento ata a data: 36. Organizacións que promoverán  un brinde colectivo, simultáneo e simbólico como acto central.

O Movemento Día Viño D.O. é unha acción para celebrar que en moitos territorios do noso país, dende hai décadas, viticultores e adegas decidiron unirse para protexer un patrimonio colectivo e contrastado no tempo, que fai que as uvas e os viños das súas zonas sexan únicos e diferentes do resto e teñan unha calidade recoñecida vinculada a unha orixe concreta. E, á vez, estamos ante unha iniciativa que este ano se vai centrar tamén en reivindicar que as denominacións de orixe son ferramentas que contribúen á sostibilidade nos seus territorios e eríxense en panca de cambio no medio rural. Son entidades que amosaron a súa resiliencia e a súa capacidade de adaptación ao longo dos anos a base de intelixencia colectiva e de asunción de compromisos e responsabilidades coa súa contorna, tal e como se sinala dende a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), que promove o evento.

O sábado 22 de outubro, 36 denominacións de orixe do país organizan un brinde colectivo

[arriba]

Novas Anteriores