01 Feb 2019

A D.O. Valdeorras e ABANCA pactan novas fórmulas para facilitar o acceso ao financiamento

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e ABANCA renovaron un ano máis a súa colaboración cun novo convenio financeiro que medra con novas opcións de crédito para atender as demandas dos viticultores unha vez rematada a campaña da vendima.

O presidente da C.R.D.O. Valdeorras, José Luis García, e o director de zonade ABANCA en Ourense Este, Diego Fernández,  rubricaronun novo convenio que reafirma o compromiso da entidade financeira cun segmento básico da economía produtiva da comarca e cun sector estratéxico para Galicia.

A entidade financeira e o Consello Regulador da Denominación de Orixe intensifican a súa colaboración para atender as demandas financeiras das adegas no arranque da vendima

Novo catálogo de productos
O convenio pon a disposición dos integrantes desta denominación de orixea oferta sectorial vitivinícola de ABANCA. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis esenciaisunha vez rematada a campaña. Así, os produtores poderán acceder a préstamos específicoscon prazos de amortización amplos e xuros baixos. A oferta tamén complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, avais e anticipos de subvencións ou impostos.

Do mesmo xeito, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos agricultores e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, ABANCA poñerá súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. O banco ofrecerá aos interesados seguros específicospara o sectorcomo a Liña Agro Seguro, o Seguro de Explotación Agraria, o Seguro Casas de Labranza ou o Seguro de Maquinaria Agrícola, entre outros.

Os produtores da DO Valdeorras tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.Así mesmo, poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con  diversos organismos públicos. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.

CRDO Valdeorras é unha das denominacións de orixe máis recoñecidas de Galicia. Emprazada nas superficies vitícolas dos municipios ourensás da Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá ou Vilamartín de Valdeorras, os seus viños Godello, Mencía ou Sousón son recoñecidos internacionalmente. Pola súa parte, ABANCA conta cunha división especifica centrada nas necesidades do primario: ABANCA Agro. Nela, agrupa un catálogo específico, xestores especializados e respostas adaptadas ás necesidades deste sector clave para a comunidade galega.

Os produtores desta DO poderán acceder a un catálogo adaptado ao sector vitivinícola, gracias unha  división especifica do banco: ABANCA Agro

[arriba]

Novas Anteriores