/* */ A Coroa e Joaquín Rebolledo reciben os premios ao Mellor Branco e ao Mellor Tinto da Cata Popular da Feira do Viño de Valdeorras
03 Xuñ 2024

A Coroa e Joaquín Rebolledo reciben os premios ao Mellor Branco e ao Mellor Tinto da Cata Popular da Feira do Viño de Valdeorras

O chef Xosé Manuel Mallon realizou un showcooking de pratos nos que mesturou a cociña tradicional galega coas nova técnicas culinarias de vangarda

A XXV edición da Feira do Viño de Valdeorras chegou á súa fin este domingo despois dun fin de semana no que os participantes puideron desfrutar dos mellores viños amparados pola Denominación de Orixe. Na última xornada, o domingo día 2 de xuño, levouse a cabo a II Cata Popular no patio interior da Casa Grande de Viloira, tras o éxito colleitado por esta iniciativa o ano pasado.

O director técnico da D.O., Jorge Mazaira, explicou que o obxectivo da cata aberta a todo o que queira participar, é que o público poda ver “a parte profesional de todo esto e cómo traballamos”. Ás 11:00 horas comezou a primeira quenda, cuxos asistentes reflictiron a súa valoración no panel de cata entregado por persoa participante. Ao longo da mañá, nun total de catro quendas, de dez persoas cada unha, cataron un total de 38 referencias.

Ás 21:00 horas procedeuse á entrega de premios da cata popular, aos mellores viños de Valdeorras.

O premio ao mellor viño branco foi para “A Coroa Godello 2023”, da adega A Coroa S.A.T. A medalla de prata recaiu en “Maruxa 2023” da adega Virgen del Galir S.L.U., e a de bronce foi para “Bioca Laureles 2023”, da adega Bioca S.C.

Ceferino Fernández, de Adega A Coroa, recolle o primeiro premio ao mellor viño branco, “A Coroa Godello 2023”.

O premio ao mellor viño tinto foi para “Joaquín Rebolledo 2023”, da adega Joaquín Rebolledo S.A. O segundo viño premiado foi “Viñaredo Mencía 2023”, da adega Santa Marta S.A.T., e o terceiro galardón foi para “Cascanueces 2022” da adega Arnadoval S.L.

Catalina Maroto, da adega Joaquín Rebolledo, recolle o premio ao mellor viño tinto, “Joaquín Rebolledo 2023”.

Na entrega de premios estiveron presentes, entre outros, o presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos, o subdelegado do goberno en Ourense, Eladio Santos, o alcalde do Barco, Alfredo García, e a concelleira de Comercio, Turismo e Promoción Económica do concello barquense, Alba Sanmartín.

Showcooking
Antes da entrega de premios, o chef do Espazo Gastronómico Remollo, en Ames (A Coruña), Xosé Manuel Mallón, foi o encargado de levar a cabo un “showcooking” de pratos nos que mesturou a cociña tradicional galega coas nova técnicas culinarias de vangarda. Todo elo, maridado cunha espectacular selección de viños de Valdeorras escollidos polo director técnico do Consello Regulador.

[arriba]

Novas Anteriores