09 Out 2020

A campaña da vendima 2020 conclúe oficialmente en Valdeorras con máis de 5,5 millóns de quilos de uva recollidos

A campaña da vendima 2020 conclúe oficialmente en Valdeorras cun total de 5.535.104 quilos de uva recollidos. Desta cifra, de novo a variedade godello segue a ser a raíña con 3.529.060 quilos colleitos. Tras ela, por orde de importancia sitúanse a mencía (1.286.289 quilos), a garnacha (334.576 quilos) e a variedade palomino (274.133 quilos).

Xa en menores cantidade e en sentido decrecente temos a variedade sousón (56.363 quilos); a tempranillo (25.445 quilos); a albarello (12.926 quilos); a merenzao (9.594 quilos); dona branca (4.588 quilos); mouratón (3.480 quilos); caíño tinto (1.160 quilos) e gran negro (990 quilos).

 A godello segue sendo a variedade raíña da D.O., con 3´5 millóns de quilos colleitos

Colleita de elevada calidade
Tras máis de mes e medio de traballo nas viñas, nun contexto de especial dificultade marcado pola fixación de protocolos de traballo específicos anti-Covid, de novo constátase, segundo destaca o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, que “estamos perante unha colleita de elevadísima calidade, que agardamos teña unha gran acollida nos mercados”.

Trala godello, sitúanse no ranking de quilos de uva recollidos a mencía, a garnacha e a variedade palomino

 

 

[arriba]

Novas Anteriores